mércores, 29 de marzo de 2017

Irati García ¿síntese sarcástica?

Ale, a disfrutar do baño en Testal cando veña o bo tempo!

Xa o digo eu para aforrarlle esforzos aos de sempre: a culpa é do BNG.

E do bipartito tamén. Deixovos aquí a ligazón, porque parece que a que partillei no facebook da erro e non se pode ler. Un informe de la UE dice que las aguas de la playa de Testal son de mala calidad para el baño

El estudio se hizo entre el 2012 y el 2013 en arenales de toda Galicia El agua de la playa de Testal suspende el examen europeo

Los muestreos realizados en el arenal noiés indican que la zona de baño incumple los parámetros de calidad mínimos

¿Neses anos tamén gobernaba o PP?

Se a señora Irati e o seu partido se dedicasen a facer unha oposición positiva mellor lles iría e por suposto á súa compañeira aquí no Son, a señora deputada Ánxela Franco, que da credibilidade a esta manipulación. Notase ás leguas mariñas que están cortadas polo mesmo patrón

martes, 28 de marzo de 2017

Irati García e o BNG, si que tocaron as narices ao goberno de Noia

BNG NOIA engadiu 3 fotos novas.
No pleno ordinario de xullo o alcalde ironizaba sobre se os veciños e veciñas nos asaltan polas rúas para trasladarnos queixas e demandas. Asaltar non nos asaltan, pero si se achegan a comentarnos cousas ou envían imaxes, mensaxes, chaman...

E debería saber o goberno municipal que temos unha veciñanza moi avispada que adoita reparar non só nas grandes obras, senón nas cousas do día a día que lles afectan ou que afectan a outros veciños, facendo gala neste último caso dunha sensibilidade e empatía da que en moitas ocasións carecen aqueles que dirixen as administracións.

Hoxe dámosvos unha pequena mostra: tras as obras realizadas no Muro da Horta do Marqués, procedeuse ao arranxo da beirarrúa, que quedou neste estado, dándose a circunstancia de que onde se atopa o paso de peóns a beirarrúa, recentemente arranxada, non conta con rampa, atopándose esta a un par de metros.

No BNG de Noia somos conscientes da inxente cantidade de barreiras arquitectónicas que existen na vila, tal e como nos fora trasladado por COGAMI no mandato pasado, así como do moito que queda por facer a este respecto; por isto reclamamos que cando se produzan arranxos nas beirarrúas non se deixe pasar a oportunidade de ir eliminado estas barreiras

¿Mala leite nacionalista ou acabóuselle o carrete da cámara?