martes, 28 de marzo de 2017

Irati García e o BNG, si que tocaron as narices ao goberno de Noia

BNG NOIA engadiu 3 fotos novas.
No pleno ordinario de xullo o alcalde ironizaba sobre se os veciños e veciñas nos asaltan polas rúas para trasladarnos queixas e demandas. Asaltar non nos asaltan, pero si se achegan a comentarnos cousas ou envían imaxes, mensaxes, chaman...

E debería saber o goberno municipal que temos unha veciñanza moi avispada que adoita reparar non só nas grandes obras, senón nas cousas do día a día que lles afectan ou que afectan a outros veciños, facendo gala neste último caso dunha sensibilidade e empatía da que en moitas ocasións carecen aqueles que dirixen as administracións.

Hoxe dámosvos unha pequena mostra: tras as obras realizadas no Muro da Horta do Marqués, procedeuse ao arranxo da beirarrúa, que quedou neste estado, dándose a circunstancia de que onde se atopa o paso de peóns a beirarrúa, recentemente arranxada, non conta con rampa, atopándose esta a un par de metros.

No BNG de Noia somos conscientes da inxente cantidade de barreiras arquitectónicas que existen na vila, tal e como nos fora trasladado por COGAMI no mandato pasado, así como do moito que queda por facer a este respecto; por isto reclamamos que cando se produzan arranxos nas beirarrúas non se deixe pasar a oportunidade de ir eliminado estas barreiras

¿Mala leite nacionalista ou acabóuselle o carrete da cámara?

Ningún comentario:

Publicar un comentario